Hoxe no cole sería día de festa, de bailar e despedirnos dun xeito alegre, así que tarefa hoxe non imos ter. SI vos queremos deixar algunhas ideas de placeres que facer este verán:
E ahora, antes de cerrar este capítulo das vosas vidas, as vosas profes queremos dicirvos unhas palabras...
Imaxinaba unha despedida cantando, bailando, sorríndo...todos xunt@s na clase. Unha aperta xigante desexándonos un bo verán, pero este final de curso é inolvidable! É moi difícil despedirme a través dunha pantalla de ordendor. Estou totalmente segura que recordaremos este curso durante moitos anos...
Quero darvos as GRACIAS, gracias por estos dous cursos tan especiais, cheo de momentos inesquecibles. Dous cursos nos que aprendimos moito, vós e tamén eu!! Levo conmigo para sempre moitos recordos especiais, e desexo que vós tamén! Para o próximo curso teredes compañeir@s nov@s e profe nov@...eso quere dicir que ides ter a oportunidade de facer novos amig@s e de vivir moitas aventuras.
Os adultos sempre queren volver á infancia, polo que aproveitade o tempo no verán e aproveitade o tempo á volta ao cole. Este curso comprobamos, os días que non puidemos saír da casiña, o felices que somos no cole.
Despois do verán comeza unha nova aventura...unha nova oportunidade para seguir buscando a parte positiva e facer que cada día sexa especial!
Andrea, Noe e eu somos moi afortunadas por atoparnos con nen@s tan marabillos@s!
Disfrutade moito e o máis importante: A SER MOI FELICES!
Un bico e unha aperta moi moi grande!!
A vosa profe Vero. 💓💓💓

Parece que foi onte cando, por primeira vez, vos acompañei á clase de primeiro e xa pasaron dous cursos dese momento... Comezábades un novo camiño e eu tiven a sorte de poder acompañarvos nel. Teño tantas imaxes vosas gardadas na miña mente... Recordos que me acompañarán sempre. Agora tomades unha nova senda na que agardo vos atopedes experiencias bonitas e das que aprendades moito (como agardo que o fixerades nestes dous anos). Gustaríame que vos quedase unha boa lembranza deste tempo xuntos. Eu levareivos sempre comigo porque, como xa vos teño dito, os adultos tamén aprendemos dos máis pequechos. Sodes o noso presente pero tamén o noso futuro.
Sinto que a nosa despedida fose apresurada, non era o que tiña en mente que fose. As circunstancias excepcionais que vivimos fixeron que acontecera así. Pero como de todo se aprende, e aínda que sen abrazos, tivemos que pensar noutro adeus que agardo tamén sexa especial.
Sodes unhas nenas e nenos marabillosos, aos que as tres profes vos desexamos que os vosos soños continúen facéndose realidade. Seguide traballando por e para iso, esforzándovos como ata o de agora. Gracias a todos e todas por este tempo e ás vosas familias pola súa colaboración e apoio.
Biquiños e apertas,
A vosa profe, Andrea.

"Conservar algo que me axude a recordarte, sería admitir que te podo olvidar" pois "o recordo é o diario que todos cargamos con nós".
(William Shakespeare, Oscar Wilde)
Hoxe tócanos
poñer fin a esta forma de traballo, tócanos tamén pechar unha etapa moi bonita
que comezamos coa vosa chegada a primeiro de primaria e que agora remata uns
lonxe dos outros.
Sabedes que me
gustaría despedirme doutro xeito, na clase, xogando, cunha peli e unha boa
merenda… ocórrenseme tantas maneiras bonitas de despedirme… pero tocounos esta,
a través dunha pantalla.
Gracias, gracias
e mil veces gracias por todo o vivido. Gracias tamén e sobre todo noraboa por
estes meses de traballo, fostes e sodes uns campións e unhas campionas por todo
o que fixestes dende as casas e polo ánimo que mantivestes cando non podiamos
saír.
No camiño que vos
vén por diante deséxovos toda a sorte do mundo, aprendede moito, facede novos
amigos e amigas, vivide miles de aventuras e sobre todo intentade que cada día
sexa especial e que a vida nunca deixe de sorprendervos.
Vero, Andrea e eu
ímonos, e ímonos ben felices porque sabemos que vos fixemos crecer bonito
durante estes dous anos e sobre todo porque nós tamén nos imos máis grandes,
gracias a vós. Fixéstesnos rir, aprender cada día, disfrutar do noso traballo,…
Fixéstesnos mellores persoas e mellores profes.
No meu corazón
sabedes que sempre teredes un lugar gardado, agardo vervos dentro de moitos
anos e que me recordedes con cariño.
Un bico inmenso
para cada un de vós e a aperta máis grande do mundo. Quérovos moito,
A vosa profe Noe
Queremos deixar un pequeno vídeo para as vosas familias.😉😉😉
Sen palabras... sodes as mellores!. Moita sorte no voso camiño e seguide deixando a vosa marca nas novas xeracións!. Un bico de corazón! ❤
ResponderEliminarGracias, sodes marabillosas, fooi todo un placer para os nosos e para nós, gracias de corazón!!!!
ResponderEliminarGracias a vós polo voso apoio ao longo destes dous marabillosos cursos. Un saúdo grande a tódalas familias!
ResponderEliminarGracias por todo Vero, estamos moi agradecidos contigo. Desexámosche moita sorte no teu novo cole....que sorte van ter esos pequechos o igual que a tivo o meu durante estes dous anos!! Un bico grandísimo!!!
ResponderEliminarMoitas gracias Mari e Alex. Moitas gracias pola vosa colaboración durante estes dous cursos tan bonitos! Botareivos moito de menos! Un bico moi grande! Vero :)
EliminarMuchas gracias, Noe, porque tu ayuda ha hecho que Carla se sintiera mas acompañada y escuchada en esta situacion. Buena suerte, un abrazo. Saludos a todas las familias!
ResponderEliminarGracias a vós Begoña por estar sempre dispostos a axudar e a dar o mellor de vós. Carla é unha afortunada pola familia que ten, coidádevos moito! Bicos. Noe
Eliminarmuchas gracias profe vero por tu compresión tu paciencia y acompañamiento y tus consejos muchas gracias feliz verano de parte de liz
ResponderEliminar¡Muchas gracias por tus palabras Jennifer! Disfrutad mucho del verano y a empezar el nuevo curso con muchas ganas y fuerzas. Un beso enorme para Liz! Vero :)
EliminarMoitisimas gracias por estes dous anos e pola tua gran paciencia profe Vero, vai ser moi difícil atopar unha profe tan boa e comprensiva coma ti, Migui vaite botar moito de menos. Un abrazo moi forte.
ResponderEliminarMoitas gracias Lidia. Gracias a ti por colaborar e estar sempre ahí durante todo este tempo. Remata unha etapa pero cargaremos pilas para comezar unha nova. Un abrazo moi moi grande para Migui! Vero :)
EliminarMoitas grazas Andrea polo tua dedicación. Sin duda que terán un bo recordo da sua profe. Con profesionais así da gusto...esperamos que che vai moi ben nesta nova andadura tanto profesional como na tua faceta d mamá. Gracias e moitos bikiños d Marcos e Ada.
ResponderEliminarMoitas grazas a vós, Ada. Dá gusto traballar con familias tan comprometidas e colaboradoras. Agardo que teñades un feliz novo curso, que vaia todo ás mil marabillas. Grazas polo voso apoio e bos desexos. Unha aperta ben grande a Marcos! Andrea.
Eliminar