Luns 23 de marzo (fai clic aquí)

As tarefas que propoñemos para o luns 23 son:


LENGUA:
https://www.youtube.com/watch?v=5if17e1aqfc (aumentativos y diminutivos)



MATES:
https://www.youtube.com/watch?v=dEiAnrsJkyw (repaso unidades, decenas y centenas)



LINGUA:




CIENCIAS: 
https://www.youtube.com/watch?v=GIdzNQqsr74

PLÁSTICA:

Resultado de imagen de laminas para puntillismo para colorearResultado de imagen de laminas para puntillismo para colorear                        

Lámina para colorear empregando a técnica do puntillismo.


INGLÉS:
Recordamos que o profe de inglés creou tamén un blogue onde podedes atopar material para traballar cos nenos e nenas. Son sobre todo vídeos co vocabulario que estiveron a traballar, enlaces a xogos interactivos e algunha ficha (aínda que tede en conta que en lingua inglesa traballan sobre todo de xeito oral).
https://englishwithtiger.blogspot.com/

EDUCACIÓN FÍSICA:
Ola a todos !
Son Belén, a vosa mestra de Educación Física do cole. Como estes días imos estar moito tempo na casa temos que aproveitar para facer algo de actividade física e desta forma continuar mellorando o noso estado de saúde para medrar sans e fortes.
Temos tempo para durmir, facer as tarefas da casa, do cole, xogar cos nosos xoguetes... pero tamén para enfrentarnos ós retos que vos propoño !!!
Nos seguintes días atoparedes unha serie de actividades que poderedes facer na casa con moi pouco material para poder seguir mellorando o noso equilibrio, a nosa coordinación, a nosa punteria… e pasar deste xeito un rato divertido.
Os que queirades podedes facer estes retos coa axuda das persoas que viven na vosa casa para que eles/elas tamen aprendan e melloren con vos.
Moita sorte !!
Un bico moi grande

Belén

Reto 1
Neste reto imos mellorar o noso equilibrio. Seguro que todos temos na casa un corredor ou unha zona libre de obstáculos.

Quen de vos e capaz de percorrer ese corredor cunha libreta na cabeza sen que se caia?
Temos que ser capaces de ir e vir sen tocar a libreta.

Se esto resulta moi doado imos intentar algo un pouquiño máis difícil.
Agora temos que coller outras dúas libretas e ser capaces de levalas nas mans como o neno do debuxo.

Tamén podemos intentar facer diferentes equilibrios como por exemplo: levantar unha perna, intentar apoiar un xeonllo no chan... 
Resultado de imagen de libros cabeza equilibro dibujoResultado de imagen de libros cabeza equilibro dibujo
             


Recordamos tamén que na páxina principal do blogue (marxe dereito) tedes acceso a webs onde poderedes atopar xogos das direfentes áreas.

Que teñades moi bo día!




Comentarios

  1. Bo día,
    Recordamos os pasos a seguir para poder descargar os PDF dende o ordenador e móbil: débese facer clic sobre o icono superior da dereita (ventana externa). Abrirase entón o PDF nunha ventá nova do ordenador/móbil dende onde se poderá descargar o arquivo para posteriormente imprimilo si se desexa.
    En calquera caso, as actividades poden realizarse nun caderno e algunhas delas incluso realizarse oralmente pois entendemos que non en tódolos casos será posible imprimir os documentos. É por este motivo tamén que procuramos buscar diferentes recursos que non se limiten ao papel (manualidades, apps, vídeos..) e/ou se podan adaptar a diferentes formatos.

    Para calquera dúbida, podedes deixarnos o voso comentario e procuraremos contestarvos coa máxima brevidade posible. Grazas.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario