ÁNIMO A TODOS E TODAS. IMOS POLA TERCEIRA SEMANA.

Queridas familias:

Antes de nada agardamos que todos e todas esteades ben. A maiores queremos agradecervos todo o traballo que estades a facer nestes días, entendemos que a conciliación está a ser máis difícil do habitual e queremos dar as grazas polo esforzo que facedes.

Nas entradas que levamos publicadas fómosvos enviando fichiñas, vídeos, xogos...para ir repasando os contidos que os nenos e nenas traballaran nestes meses pasados. Esta semana que vén imos seguir repasando contidos pero cambiaremos un pouco as dinámicas para traballar as diferentes áreas. Agardamos que vos gusten e sobre todo que aos nenos e nenas lle resulten entretidas estas novas actividades que vos imos ir enviando.

Queremos recordar unha vez máis o carácter orientativo e voluntario de todas as tarefas. Todos os días propoñemos actividades para todas as áreas, pero iso non quere dicir que teñan que traballar todo, senón que poden escoller aquelo que máis lles apeteza ou tamén aquelo que consideren máis necesario repasar. 
Sería aconsellable que os pais, nais, familiares que os acompañen nestes días lle botasen un ollo as actividades que van realizando para se hai dúbidas poder resolvelas nós o antes posible, mais novamente non é algo obrigatorio, entendemos que moitos traballades (ben dende o fogar ou tendo que desplazarvos), que tedes máis fillos que tamén teñen outras tarefas... Entendemos que cada fogar é agora un escenario propio e non queremos obrigarvos a nada nin moito menos cargarvos con máis responsabilidades.

Sen máis desexarvos unha feliz semana, mandarvos moito ánimo e un bico ben grande para os nosos pequen@s.

Andrea, Vero e Noe.

Comentarios

  1. Profes que tal estais vosotras también? mucho animo para vosotras sois una maestras estupendas!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias Manuela! Polo de agora todo ben. Tardándonos poder voltar á vida de sempre...Pero mentras tanto procurando tamén obter algunha aprendizaxe deste momento... Agardamos esteades ben e os recursos que vos facilitamos vos sirvan de axuda, esa é sempre a nosa intención. Gracias polos vosos comentarios, que nos alentan tamén a nós. Moito ánimo e unha aperta a Candela.

      Eliminar

Publicar un comentario