As emocións tamén é importante traballalas!

Dende as nosas aulas xa vimos traballando dende o curso pasado as emocións; saber cales son, como se expresan, que nos fan sentir...



É un traballo importante diariamente pero en situacións como a que estamos a vivir máis aínda. Os nosos estados de ánimo seguro que cambian durante o día, estamos máis irascibles en certos momentos,... A situación é complicada para todos e todas, para os nenos e nenas seguramente sexa en moitos casos difícil de entender. 

Por esto motivo hoxe queremos darvos algunhas ideas para os que queirades traballar un pouco as emocións dunha maneira moi faciliña.



Imos recordar o conto "El monstruo de colores". Seguro que algúns de vós xa o tedes na casa, para os que non aquí volo deixamos para que poidades escoitar:




O bote da calma. Xa tes un?? Se non é así non te preocupes, é moi fácil de facer con cousiñas que temos pola casa.

Aquí vos deixamos un vídeo onde explican como facelo, como usalo e tamén os beneficios do seu uso:



Yoga, movemos o noso corpo e tamén o escoitamos.

A profe Belén de EF xa vos deixou algún vídeo de axuda para poder facer yoga na casa. Nós deixámosvos unha conta de youtube que usamos moito na clase, aos nenos e nenas seguro que xa lles sona.
Como os nenos e nenas xa coñecen esta práctica, esta vez poden ser eles os que vos ensinen a vós. Veredes que divertido e  que relaxados quedamos despois de facelo.



Como me sinto hoxe? Pode parecer unha pregunta fácil de responder pero hai días nos que nos custa máis identificar ou expresar as nosas emocións, por isto vos animamos a que as expresedes a diario. Ao levantarse ou mentras almorzamos contámonos como nos sentimos e o motivo polo que nos sentimos así.

Ao final do día podes volver a facer o mesmo, pero deixando un rexistro.



Para isto último podedes empregar estas máquinas de chicle, as que vos damos están en diferentes idiomas e con diferentes aspectos a valorar. Podedes crear a vosa propia cambiando as accións ou as emocións de cada cor.

A relaxación a través dos 5 sentidos. Para isto podedes empregar a técnica 54321 que vos deixamos nesta imaxe.




 Mindfulness, podedes comezar con esta práctica das nubes e o sol.
https://www.youtube.com/watch?v=UAmueuywPtc

Animámosvos a seguir rutinas emocionais, axudaranvos a levar mellor os días e a encontrarvos mellor con vós mesmos!


Comentarios