Mércores 1 de abril (fai clic aquí)

As tarefas que propoñemos para o mércores 1 de abril son:


LENGUA:

Hoy como actividad para lengua, os proponemos un juego que podéis compartir con vuestra familia. 
Es el juego conocido como "Tutti frutti"  y que nos ayudará a repasar la escritura de palabras (fijarse bien en si lleva b o v, ll o ñ, z o c, m antes de p...) y a aprender de errores que podamos cometer. Os dejamos una plantilla del mismo para imprimir aunque también podéis realizar el cuadro en un folio o cuaderno.

MATES:
Os dejamos esta ficha para practicar un poquito la resolución de problemas ¡Poner a prueba vuestra mente con ellos!

LINGUA: 
Seguimos repasando escritura de pequenos textos...
 
Hoxe quixemos compartir con vós o enlace ao blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso cole. Nel atoparedes moitas cousas interesantes: orecunchopalabras.blogspot.com

CIENCIAS:
Para Ciencias, propoñémosvos esta actividade como repaso dalgunhas cousas que traballamos sobre as plantas. 
Así mesmo, podedes poñer en práctica o que aquí se recolle con plantas que teñades no voso fogar, pensando e citando as partes que a forman.
Outra opción, se así o preferides, é que fagades un debuxo dalgunha planta e sinaledes nesa imaxe as diferentes partes das que se compón. Si se trata dunha árbore, podedes investigar si as súas follas son perennes ou caducas.        




PLÁSTICA:
Como actividade de plástica, propoñémosvos dúas opcións:
- O debuxo dunha planta, plantexado para Ciencias.
- Outra actividade que vos propoñemos é a seguintes que vedes na imaxe: Copiar a sombra dalgún obxecto, xoguete...



Se vos apetece compartir con nós esta ou outra actividade que esteades a facer nestes días, podedes facelo a través do noso correo electrónico. Iremos facendo entradas no blogue con elasÁnimo! estades a facelo xenial e traballando un montón.

INGLÉS:
Recordamos que o profe de inglés creou tamén un blogue onde podedes atopar material para traballar cos nenos e nenas. Son sobre todo vídeos co vocabulario que estiveron a traballar, enlaces a xogos interactivos e algunha ficha (aínda que tede en conta que en lingua inglesa traballan sobre todo de xeito oral).
https://englishwithtiger.blogspot.com/


EDUCACIÓN FÍSICA:
Reto 8
Para non desperdiciar material, no reto de hoxe utilizaremos as boliñas de papel que fixemos no reto nº2.
Con elas faremos diferentes xogos de malabares como por exemplo:

- lanzar e recoller unha pelota coa man dereita/esquerda.
- lanzar coa man dereita e recoller coa man esquerda.
- lanzar dúas pelotas á vez (cada unha cunha man) e recoller coa man contraria.

Recordamos tamén que na páxina principal do blogue (marxe dereito) tedes acceso a webs onde poderedes atopar xogos das direfentes áreas.

Que teñades moi bo día!

Comentarios