ÁNIMO A TODOS E TODAS. IMOS POLA SEGUNDA SEMANA


Queridas familias:
Imos a pola segunda semana e o primeiro que queremos enviarvos é ánimo e moita forza!! Pronto conseguiremos entre todos que isto remate.

Agora que xa levamos unha semana con esta forma de “traballo” queremos recordarvos que todo o que vos proporcionamos é totalmente voluntario. Simplemente pretendemos darvos ferramentas para aquelas familias que precisedes material “curricular” para estes días difíciles. Entendemos tamén que moitos de vós precisades máis doutro tipo recursos por iso intentamos darvos máis alternativas: vídeos, xogos, apps, manualidades…

Xa pasaron 7 días e seguro que tedes moitas técnicas para que o día lle resulte máis ameno aos pequenos da casa, damos algunha idea que nós fomos vendo:
  •      Planificar o día pola mañá ou a noite anterior, establecer momentos de xogo, traballo, limpeza e axuda no fogar,… desta maneira as horas do día pasarán máis rápido.
  •    Ter momentos en familia e tamén momentos de estar el@s sós; lendo, xogando,… así sentiranse menos agobiad@s e tamén vós teredes un momento de “relax”.
  •    Facer algo de exercicio a diario: just dance, zumba, … bailes que podedes atopar en youtube.
  •   Falar con amigos, amigas e familiares por teléfono ou videochamada. Axudará a manterse socialmente activos, intercambiar momentos do día a día, actividades….

Queremos axudarvos en todo canto poidamos pero non queremos tampouco saturarvos, por iso, recalcamos, que todo é voluntario, orientativo e enviado con todo o noso cariño.

Outra cuestión que cremos que pode axudar é que nos contedes actividades, xogos, rutinas… que están a funcionar ben no voso fogar. Por exemplo: unha familia descubre que dedicar media hora todos os días a saír pola fiestra e escoitar e ver que sucede fóra lle sirve para estar máis tranquilos e calmados. Pois agradeceríamos que aportarades este tipo de cuestións nos comentarios porque seguro que entre todos conseguimos grandes ideas para mellorar estes días.

Sen máis, agardamos que vos atopedes tod@s ben.

Un bico ben grande para os nosos nenos e nenas que xa os botamos moito de menos.
Vero, Andrea e Noe.


Comentarios