Desexámosvos "felices vacacións" (fai clic aquí)

Nunha situación normal hoxe daríamosvos unha morea de bicos e desexaríamosvos unhas felices vacacións, pero a situación non é normal e por isto queremos compartir este vídeo con vós. Agardamos que vos guste, está feito con todo o noso cariño (pinchade no enlace para acceder ao vídeo):

https://drive.google.com/open?id=1mBa9t8VKeXopiVa-f80xsxbI1VggKaEI

Nos vindeiros días non haberá tarefas voluntarias como vimos facendo estas semanas, aínda que non poidades saír da casa tedes dereito a disfrutar das vosas vacacións.
Para axudarvos nesta tarefa de disfrutar unhas vacacións dende a casa... Nós, as profes, imos ir ao cine e de excursión a museos!!!!
Queredes acompañarnos?? Pois será moi sinxelo porque non teredes que saír da casa! Ao longo desta semana de vacacións iremos deixando en entradas no blogue recomendacións de películas, visitas virtuais a museos de todo o mundo, e por suposto seguiremos compartindo aquelas manualidades e traballos que nos enviédes ao correo.

Tanto as películas como os enlaces aos museos son recomendacións, só pretendemos darvos maneiras entretidas de pasar estas "extrañas vacacións".

Agardamos que vos guste a idea e sobre todo que vós e os vosos familiares esteades ben.

Un bico moi grande, 
Vero, Andrea e Noe.


Comentarios

  1. Begoña-Carla Lema3 de abril de 2020, 13:04

    Moitas gracias, ánimo para tod@s!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias a vós polo vosa axuda e gran esforzo. Ánimo para vós tamén!

      Eliminar
  2. Moitas grazas polo voso esforzo e bo traballo. Sodes todas xeniais. Os nenos tamén vos botan moito de menos.
    Un beso moi forte para todas e especialmente para Andrea de parte de Mario B.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias polas vosas mensaxes de ánimo! Son de gran axuda. Nós tamén botamos moito de menos aos nen@s. Unha aperta grande a Mario!

      Eliminar
  3. moitas gracias, a CLAUDIA encantoulle vervos, sobretodo a Noe, bicos e coidadevos!!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Muchas gracias a vosotras, que sin vuestro gran trabajo y esfuerzo esto serìa imposible. Y ya con este video, imaginaros su alegría. A Simón le encantó veros, porque tambien os hecha mucho de menos y esta deseando ir al cole.
      Animo y un abrazo muy fuerte para todos de nuestra parte!

      Eliminar
    2. Moitas grcias Claudia e Simón, alegrámosnos que vos gustará o vídeo. Todo isto é posible tamén gracias ao voso esforzo.
      Coidádevos moito para poder vernos pronto!

      Eliminar
  4. Soy Candela.A.P, muchas gracias a las 3 por el video, me gustó mucho veros, especialmente a Andrea (y Anxo) porque la echo mucho d menos. Espero que esteis bien. Cuidaros mucho, un besazo enorme. ( YO DICTO Y MI MAMÁ ESCRIBE)😘😘

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Candela! gracias por escribirnos. Fainos moita ilusión que che gustase o vídeo. Coidate moito, un bico e unha aperta super grande!

      Eliminar
  5. A Angel Torreira encantoulle vervos. Estamos desexando volver o cole. Moito animo a todos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Alegrámonos moito e esperamos que pronto nos vexamos en persoa. Moito ánimo!

      Eliminar
  6. Sodes xeniales, moitas grazas por preocuparvos e dar ánimos. Unha aperta moi grande as tres.

    ResponderEliminar
  7. Precioso e emocionante vídeo! Moitas gracias ás tres! Penso que a tódolos nenos lles fixo moita ilusión vervos!. Un bico moi grande de Aarón!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas gracias Isa! Fainos moita ilusión saber que lles gustou o vídeo. Coidádevos moito e unha aperta moi grande para Aarón!

      Eliminar
  8. Vanesa Diaz Pensado4 de abril de 2020, 11:30

    MoItas grazas por este traballo que estades a facer.
    A Mateo encantoulle o video. Mándache un bico e unha forte aperta Andrea.
    Eu estou chorando a mares....jajajajaja.
    UN MILLON DE GRAZAS AS 3!!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas gracias a vós pola vosa colaboración! Alégranos que vos gustase o vídeo e lles fixera ilusión aos rapaces e rapazas. Unha aperta grande a Mateo!

      Eliminar
  9. Moitas gracias por todo o que vos esforzades e traballades por nós e espero que todos esteades ben.
    Boto moito de menos as profes e aos amig@s. Felices vacacións para tod@s e mándovos un bico moi grande.
    Rodrigo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas gracias a vós polas mensaxes de ánimos! Alégranos moito que vos gustase o vídeo. Un bico moi moi grande tamén para Rodrigo!

      Eliminar
  10. Hola profe. Gustoume o video. Teño ganas de ir ao cole. Un abrazo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Ander! Nós tamén temos moitas ganas de volver o cole todos xuntos. Un bico moi grande para ti e para Xabi. Coidate moito!

      Eliminar
    2. Profe, avisanos cando nazca a planta.

      Eliminar
    3. Bo día Ander, coa présa do último día de cole, a planta quedou na clase...😔 Unha boa idea, pode ser que vos animedes a plantar algo nas vosas casiñas, agora que xa sabedes todo o que necesitan as plantas. Un besiño. Coidádevos moito moito!

      Eliminar
  11. Ola, somos Manu Rivera, Paula e Mamá, encantounos o vídeo e esperamos que pronto nos podamos ver todos xuntos no cole.
    Moitos abrazos e resistiremos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Manu e compañía!
      Alegrámosvos que vos gustase o vídeo nos tamén esperamos poder vervos a todos moi pronto e volver ao cole.
      Un bico e coidádevos moito!

      Eliminar
  12. Ola, a Pablo e a familia encantounos o video e saber que estades ben. Unha aperta para as tres e sobre todo para Andrea, Pablo votate moito de menos. Un saúdo e grazas.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas gracias, Pablo! Alégranos que vos gustase o vídeo. Nós tamén vos botamos moito en falta. Coidádevos! Unha aperta grande.

      Eliminar
  13. Hola son Aitor:
    Gustounos moito o voso video a min e a meus pais, encantoume ver a miña profe Andrea.
    Moitas grazas,sodes as mellores.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas gracias, Aitor! Que ilusión que vos gustase o vídeo. Coidádevos moito, unha aperta grande!

      Eliminar
  14. Hola chicas, a Joel encantoulle o vídeo. Andrea, Joel bótate moito de menos, estádes facendo un traballo de 10, da gusto cando ves a alguén que disfruta co que fai! un bico grande!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias a vós pola vosa implicación! Nós tamén botamos moito de menos aos nen@s. Coidádevos, unha aperta grande a Joel!

      Eliminar

Publicar un comentario