Hoxe toca excursión virtual a Madrid, concretamente, ao Museo del Prado. Neste enlace podedes facer un percorrido polas obras de arte máis famosas do museo. Esperamos que vos guste. Moi atentos e atentas á próxima “excursión virtual”.
Para a sesión de cine recomendamos:
BUSCANDO A NEMO: unha gran película que trata sobre a solidaridade e a superación dun peixe que logra nacer a pesar de que estaba roto o seu ovo e de todas as aventuras que lle suceden no arrecife onde vive.
BICHOS, UNA AVENTURA EN MINIATURA: nada mellor que a vida nun formigueiro para destacar a importancia da solidaridade. O seu argumento está ambientado na fábula da cigarra e a formiga.
Que o disfrutedes moito!


Comentarios
Publicar un comentario