As tarefas que propoñemos para o martes 28 de abril son:
MATES:
LENGUA e LINGUA:
Continuando co proxecto desta semana, hoxe propoñévosmos unha actividade para lingua e lengua na que, se onte resolvestes o lugar que visitaremos (iso é! o Museo de Belas Artes da Coruña), hoxe ides ter que idear unha nota informativa explicando a onde imos ir de excursión para as vosas familias. Podedes escoller realizala en galego ou castelán. A nota deberá recoller a seguinte información:
Recordamos tamén que na páxina principal do blogue (marxe dereito) tedes acceso a webs onde poderedes atopar xogos das direfentes áreas. Así como aos blogs de inglés, PT e AL.
Que teñades moi bo día!
MATES:
Hoy os proponemos trabajar con la tabla del 10 que no es ni más ni menos que ¡el doble que la tabla del 5! Es una tabla super fácil de aprender. Os dejamos un vídeo y unas actividades para que podáis practicarla.
Continuando co proxecto desta semana, hoxe propoñévosmos unha actividade para lingua e lengua na que, se onte resolvestes o lugar que visitaremos (iso é! o Museo de Belas Artes da Coruña), hoxe ides ter que idear unha nota informativa explicando a onde imos ir de excursión para as vosas familias. Podedes escoller realizala en galego ou castelán. A nota deberá recoller a seguinte información:
- O lugar que imos visitar e a cidade na que se sitúa. Se coñecemos ou podemos engadir algunha outra información sobre o lugar e a cidade, podemos incluíla (que é, que imos ver alí, que outros monumentos destacados hai na cidade, está preto dalgún lugar que coñezamos da cidade...).
- Cando imos realizar esta actividade (día da semana, mes e ano).
- Que transporte imos empregar para desprazarnos ata alí.
- Indicar que debemos levar na mochila.
- Sinalar canto imos ter que pagar para poder facer a visita.
- Solicitar o permiso da nosa familia para realizar a excursión.
CIENCIAS e PLÁSTICA:- Cando imos realizar esta actividade (día da semana, mes e ano).
- Que transporte imos empregar para desprazarnos ata alí.
- Indicar que debemos levar na mochila.
- Sinalar canto imos ter que pagar para poder facer a visita.
- Solicitar o permiso da nosa familia para realizar a excursión.
Para elaborar esta nota, facilitamos a seguinte información:
Hoxe novamente propoñemos unha actividade conxunta de ciencias e plástica que agardamos vos guste. Imos repasar un chisco o tema da alimentación que traballamos na aula. Para isto, por un lado suxerimos que respondades nun caderno ou folio ás seguintes preguntas:
- Recordades cantas comidas se recomendaba que fixeramos ao día?
- Que tipo de alimentos debíamos evitar tomar moito?
- Que alimentos debemos tomar con máis frecuencia?
Na clase deseñamos un prato saudable, agora propoñémosvos outra actividade que garda relación con esta primeira: Como conseguiríamos converter unha pizza (que seguro vos encanta a tod@s) nun alimento saudable?
Deseña a túa pizza a través dun debuxo onde se diferencien os ingredientes que lle engadirías para convertela nun prato saudable e super rico á súa vez. Para isto, ten en conta o que a imaxe anterior nos amosa.
Podes facelo de dúas maneiras: animarte a debuxala, ou mesturar o debuxo con fotos dos ingredientes que engadirías (a modo de collage). Se ademáis disto, te atreves a facela realidade, xa sabes que podes compartir fotos e vídeos no noso museo de 2º!
Aparte disto, deixámosvos unhas fotos e un vídeo de merendas divertidas e sans que, se queredes, podedes probar a facer nos vosos fogares. Son verdadeiras obras de arte!
EDUCACIÓN FÍSICA:
MÚSICA: aquí deixamos o enlace que accede á aula virtual cos contidos de música.
Que teñades moi bo día!
Comentarios
Publicar un comentario