Xoves 2 de abril (fai clic aquí)

As actividades propostas para o xoves 2 de abril, son:

LENGUA:

¡ATENCIÓN! Estas frases están totalmente desordenadas. Fíjate bien, ordena las palabras y escribe la oración en el orden correcto. Muy importante: no olvides empezar con mayúscula y terminar con el punto.





MATE:

Hoxe en matemáticas traballaremos a orientación no espacio


Para este xogo necesitades imprimir a ficha na que aparece a cuadrícula ou copiar nun folio a cuadrícula de 6 x 6 coas figuras xeométricas que veñen nela, lápiz, goma e tesoiras. 


Tedes a opción de xogar de dúas formas diferentes:
-individualmente, recortando ou debuxando os elementos e pegando na casilla da cuadrícula que vos indican nas instruccións.
-en parellas, unha persoa da parella inventa as instruccións para debuxar na cuadrícula os obxectos indicados. 




ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!


LINGUA:  



Para hoxe en lingua galega, despois de facer a lectura comprensiva queremos presentarvos a seguinte canción:

https://www.youtube.com/watch?v=K7mvKBpm7RI

Coñeciades esta versión da canción "A saia de Carolina"? Esperamos que BAILEDES COMA TOL@S!



CIENCIAS: 

A nosa compañeira Sara de 2º B enviounos un vídeo facendo un experimento, está feita toda unha auténtica científica. Mirade, mirade!

 

ANIMASTE A FACER TI UN EXPERIMENTO E COMPARTILO CON TODOS NÓS? Se queredes podedes enviarnos os vídeos o noso correo electrónico: bergantinossegundoep@gmail.com


 PLÁSTICA:




O 2 de abril é o Día Mundial do Autismo. Para conmemorar este día, queremos que visualicedes o seguinte corto titulado: "El viaje de María". 

https://www.youtube.com/watch?v=qxLeb5y6p7s

Que lle pasa a María? Cómo pensas que se sinten as persoas con autismo? Cómo podemos axudalas no seu día a día? Invitámosvos a reflexionar sobre este tema. Despois deixamos o lazo conmemorativo do día para colorear e, se queredes, podedes añadir unha mensaxe de apoio.



EDUCACIÓN FÍSICA:


Reto 9

Para poder acadar este reto temos que poñer a funcionar todo o noso corpo. Xogaremos o Alfabody. Podemos xogar en familia e pasar deste xeito un rato agradable todos xuntos.



Cada equipo/parella que formedes coa familia, deberá escribir letras co seu corpo para formar unha palabra. O equipo contrario deberá estar atento e adiviñar cal e a palabra secreta.



NOVIDADE! Na marxe dereita do noso blogue incluímos o blogue do profe de inglés e tamén o novo blogue que crearon as mestras de Audición e Linguaxe e Pedagoxia Terapéutica do noso cole. Nel podedes atopar varios recursos e actividades para facer cos nenos/as. Se o visualizades dende o móbil, tedes que facer clic nas 3 raias que aparecen na parte superior do blogue.
Esperamos que vos sirva de axuda.

Que teñades un bo día!

 

Comentarios

  1. Ola, son Manu de 2º C, quería enviar unha manualidade que fixen na casa, a onde a envío?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Manu! Vemos que finalmente xa atopaches a donde enviala, deixamos igual por aquí a dirección por se os teus compañeir@s teñen a mesma dúbida: bergantinossegundoep@gmail.com

      Eliminar

Publicar un comentario