Xoves 23 de abril (fai clic aquí)

As tarefas que propoñemos para o xoves 23 de abril son:

LENGUA:
¿Recuerdas la norma que antes de P y B, se escribe M y no la N?
Como actividad para lengua, os proponemos ver este vídeo: es un cuento lleno de palabras con MB y MP. Sigue las instrucciones al leerlo. 


Después contesta a las siguientes preguntas en un cuaderno, folio o oralmente:
1. Cómo se llamaba el protagonista y qué tipo de animal era?
2. ¿Qué instrumentos sabe tocar?
3. ¿Qué pasó una noche de tormenta?
4. ¿Qué hizo el protagonista para ayudar en esa situación?
Como última actividad, escribe 2 frases con 2 palabras que lleven MB o MP y que no aparezcan en el cuento.  
  
MATES:
Como actividades de matemáticas, os dejamos tres series para completar que podéis copiar en un cuaderno o folio y unas sumas para seguir practicando el cálculo:
SERIES
SUMAS 
(recordad colocar las operaciones en vertical) 
271+92+31=      520+156+24=      607+201+89=     712+197+9=

LINGUA:
Para lingua galega hoxe suxerimos que fagades unha descrición dunha persoa ou personaxe. Non ten porqué ser alguén real, podedes escribir sobre alguén inventado ou de ficción. A condición é que procuredes falar sobre como é fisicamente (a súa apariencia, o seu corpo) pero tamén como se comporta e cales son as súas calidades e defectos. Non é necesario que vos estendades moito pero procurade que a redacción tampouco queda moi curta.
Se queredes acompañar a vosa descrición dun super debuxo, adiante!
Así mesmo, si vos apetece compartilo con nós, poderedes facelo a través do museo de 2º.   

CIENCIAS E PLÁSTICA:
Seguindo co traballo sobre o planeta Terra que vos suxerimos onte, e partindo dos contidos vistos na aula sobre os países, localidade... Hoxe como actividade de ciencias e plástica propoñémosvos un exercicio similar ao que se presenta a continuación:

Consiste en encher cada círculo cunha información breve sobre: o meu continente, o meu país, a miña comunidade autónoma (en vez de “estado” como se reflexa na imaxe), o meu concello, o meu pobo e o meu fogar. 
Que información podemos buscar para encher os círculos? debuxos, fotografias, información sobre onde están, cantos habitantes o forman...
Que recursos podemos empregar para buscar esta información? libros que teñamos nos nosos fogares, buscadores de información online, diccionarios onde atoparemos as definicións destas palabras...
O traballo ten que ter esa forma circular? 
Non, isto é un exemplo de esquema visual pero pode ter outra forma, organizarse a información doutro xeito e empregar outros materiais diferentes aos que aquí se presentan. 
Podedes deixar voar a vosa imaxinación! e si preferides facelo nun caderno ou folio, tamén vos vai a quedar fantástico.
Aquí vos deixamos algunhas páxinas que vos poden axudar:
(curiosidades/información sobre o espacio e a Terra)
(vídeo con información sobre os continentes)
(Países e capitais)

EDUCACIÓN FÍSICA:


MÚSICA: aquí deixamos o enlace que accede á aula virtual cos contidos de música.


Recordamos tamén que na páxina principal do blogue (marxe dereito) tedes acceso a webs onde poderedes atopar xogos das direfentes áreas. Así como aos blogs de inglés, PT e AL.

Que teñades moi bo día!

Comentarios

  1. Desculpade, hai un erro nunha das series pois dúas delas son moi semellantes. Proponse a seguinte no seu lugar:
    20- __ - 16 - 14 -__ - 10 -__ - __ - 4 - 2 -__.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario