AVISO IMPORTANTE PARA FAMILIAS


 Boas familias:

Enviamos esta mensaxe para aclarar certas dúbidas que foron xurdindo nestas últimas semanas. Primeiramente agardamos que as modificacións que se foron facendo no blog vos fosen de axuda e vos facilitasen a realización das tarefas (se seguides tendo problemas con algún aspecto facédenolo saber). Imos coas dúbidas;

RECOPILACIÓN DAS TAREFAS QUE SE ESTÁN REALIZANDO: as tarefas que os nenos e nenas estean escollendo para realizar nestes días recomendamos que as vaian organizando nunha libreta ou arquivador para continuar coas rutinas que hai na clase de organización de traballos e tamén para logo xuntalas con todo aquelo que fixeron no primeiro e segundo trimestre e poder gardalos como “recordo” do seu 2º de primaria. Ademais esta tarefa axuda a continuar mellorando a súa autonomía tan importante para o día a día e para os vindeiros cursos escolares.
OBLIGATORIEDADE DO TRABALLO: como sabedes non estamos de vacacións, aínda así decidimos non impoñer tarefas obrigatorias posto que sería imposible deste xeito adaptarse a todas as situacións de todos os fogares. Por isto comezamos, e seguimos, coa dinámica de proporcionar material variado e que vaiades seleccionando que facer, combinando tamén con traballos das materias que imparten outros profes e tamén con actividades fantásticas que sabemos que estades a facer de forma autónoma (ver documentais, ler, facer experimentos, cociñar...). O importante é que os nenos e nenas continúen tendo unha rutina de traballo diaria, e polo que nos facedes chegar isto é o que estades a facer en cada fogar como mellor vos vén para a vosa situación.
COMPARTIR TRABALLOS: de igual xeito tampouco é obrigatorio compartir os traballos, sabemos que é algo que os nenos e nenas non poden facer sos, senón que precisan que os pais ou nais o fagades e por este motivo é algo opcional. Plantexado sobre todo porque sabemos que hai nenos e nenas aos que lles gusta compartir e ver o que comparten os demais e isto axúdalle a levar mellor a situación. Do mesmo xeito é unha maneira de estar as profes algo máis cerca deles, animándoos a seguir mellorando e traballando tanto e tan ben como o están a facer.

Non dubidedes en seguir consultando as vosas dúbidas que intentaremos resolver o antes posible.

Grazas por todo o traballo que estades a realizar nestas semanas, esperamos que o noso traballo sexa tamén do voso agrado.

Un saúdo e moito ánimo, as titoras de 2º.

Comentarios

  1. Hola profes, una pregunta los libros de tercer trimestre se van a utilizar en tercero?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Boa pregunta Manu. Eu tamen pensei neso estes dias porque xa hai coles que os están devolvendo.

      Eliminar
    2. Boas,
      Esa pregunta é algo que polo momento non vos podemos responder xa que non hai indicacións ao respecto dende a inspección educativa. En canto teñamos información ao respecto farémosvola chegar.
      O que si temos xa falado entre as titoras é con respecto ao material compartido: folios, cores, tempera, cartolina... A intención é que ese material que sobrou destes dous anos repartilo a partes iguais e deixalos nas clases de 3º para que o poidan continuar utilizando no próximo curso cos seus novos titores/as.

      Gracias.

      Eliminar
  2. Grazas por a información. ¿Para hoxe non hai actividades por algunha razón ou non me aparecen a min?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. O día de hoxe era un dos días elixidos polo centro como non lectivos, por este motivo non hai actividades novas. Se aos nen@s lles apetece poden facer algunhas das actividades antigas, xogos, apps...
      Hoxe pola tarde teredes xa a entrada de mañán con novas actividades.

      Gracias e que teñades bo día.

      Eliminar
    2. Grazas. Pasouseme por completo. Pensei que era cousa do me PC

      Eliminar

Publicar un comentario