O mes de abril marcha, comeza maio e con el chega un pequeno paso cara o cambio, despois de case dous meses cunha rutina á que non estabamos acostumados. Pero dentro deste novo día a día, que a veces comeza a pesar, tamén houbo, hai e haberá momentos especiais como son os cumpres dos máis peques do fogar. Dende aquí queremos felicitarvos a tod@s os que estivestes de aniversario neste mes que nos deixa!
Aínda que sabemos que vos gustaría telo celebrado doutro xeito (haberá tempo para iso, non vos preocupedes), non por isto é menos especial. Un aniversario pode ser celebrado de moitas maneiras diferentes e as circunstancias que agora vivimos, non nos permiten xuntarnos. Pero isto non debe entristecernos, podemos seguilo celebrando coa nosa xente querida dende a distancia e nos nosos fogares con quen estamos a convivir nestes días!
En honra a tod@s os que vos fixestes un ano maior e aos que ides a cumprir aniños durante o confinamento, queremos propoñervos o seguinte proxecto para esta semana: ides ter que organizar ao longo destes días unha festa de aniversario diferente, neste caso, que brote da vosa imaxinación.
Pero ímosvos axudar: seguiremos os mesmos pasos que co proxecto anterior, cada día, nalgunha materia, propoñeremos un reto relacionado a este proxecto.
Pero ímosvos axudar: seguiremos os mesmos pasos que co proxecto anterior, cada día, nalgunha materia, propoñeremos un reto relacionado a este proxecto.
Agardamos que vos guste!
LENGUA e LINGUA:
Como primeira actividade do proxecto, propoñemos que fagades:
-Por un lado, unha lista co nome dos convidados á festa.
-Por outra parte, un modelo de invitación para o aniversario indicando: a quen vai dirixida e motivo polo que se lle convida, cando se vai a celebrar a festa (día da semana, número do día e mes), onde vai ter lugar e a hora á que comezará.

Deixamos tamén un vídeo da canción de aniversario en galego que podedes tentar aprender e/ou copiar nun folio ou caderno:
MATES:
Hoy para esta materia os proponemos un repaso del cálculo. Podéis utilizar un folio o cuaderno para realizar las siguientes operaciones de sumas, restas y multiplicaciones. En el caso de la suma y resta, acordaros de colocarlas en vertical:

927-114= 135+376+12= 749+210+37= 864-225=
10 x 6= 5 x 5= 4 x 7= 2 x 9= 3 x 6= 6 x 4= 3 x 8=
Si quieres seguir practicando el cálculo, haz clic en el siguiente enlace. Haz girar la ruleta y suma o resta una cantidad que tu escojas (hasta el 999) al número que te salga de hacerle girar.
¡Esperamos que os guste!
Al igual os dejamos este problema que envía Alba de 2º A para que resolváis.
¡Gracias Alba!
Al igual os dejamos este problema que envía Alba de 2º A para que resolváis.
¡Gracias Alba!
Para estas dúas materias suxerimos facer a seguinte actividade na que imos a mesturar a nosa creatividade co noso coñecemento sobre os ósos do noso corpo. Para isto, podedes repasar a actividade que vos propuxemos a semana pasada, na que tamén incluíamos a canción do esqueleto Migallas. O exercicio consistiría en crear un esqueleto similar aos que vos deixamos como exemplo, escribindo ao carón de cada óso (ou conxunto de ósos) representado, o seu nome. Se a maiores te animas a representar o aparato respiratorio, empregando unha técnica parecida a esta, tamén estaría ben! E se desexas explicar o seu funcionamento a través dun vídeo e compartilo cos teus compañeir@s, xa sabes que podes facelo no “museo dos nen@s de 2º”.
(Fonte das imaxes: pinterest)
EDUCACIÓN FÍSICA:
MÚSICA: aquí deixamos o enlace que accede á aula virtual cos contidos de música.
Que teñades moi bo día!
Comentarios
Publicar un comentario