As tarefas que propoñemos para o venres 29 de maio son:
MATES:
PLÁSTICA:
Recordamos tamén que na páxina principal do blogue (marxe dereito) tedes acceso a webs onde poderedes atopar xogos das direfentes áreas. Así como aos blogs de inglés, PT e AL.
Que teñades moi bo día!
MATES:
Para trabajar hoy las matemáticas, os dejamos una ficha interactiva con la que ejercitar el cálculo mental:
LENGUA:
Practica las sumas, una ficha interactiva de mangeles127
liveworksheets.com
liveworksheets.com
En este área os proponemos completar los cómics que a continuación os presentamos. Si no queréis/ podéis imprimir la imagen, los diálogos se pueden completar igualmente en un folio o cuaderno, simplemente indicando con números a qué viñeta corresponden los bocadillos. Otra opción es ¡crear un cómic propio!
LINGUA e CIENCIAS:
Hoxe en ciencias e lingua imos suxerirvos un exercicio de investigación: Seguro que hai algún lugar do mundo (cidade, país...) que vos gustaría visitar nun futuro. Propoñémosvos que busquedes a seguinte información sobre ese lugar e a expresedes nun folio ou caderno:
- Si se trata dunha cidade, sinalar de que país forma parte. Trátese dunha cidade ou país, podedes sinalar en que continente se atopa.
- Engadir información sobre o clima que adoita haber nese lugar.
- Así mesmo, podedes incluír datos sobre a comida típica, festas tradicionais máis famosas...
- Outra información que pode ser interesante que invetiguedes, é se nese lugar existe unha moeda diferente ao euro.
- Cal é ou cales son os monumentos máis famosos para visitar dese lugar.
- A súa bandeira, algún dato curioso sobre o seu pasado...
- Outra información que encontredes e vos resulte interesente para incluír neste traballo.
Deixamos un exemplo visual de como podería plantexarse pero podedes pensar noutras maneiras diferentes de presentación.
(Pinterest)
Para este traballo podedes preguntar aos adultos do voso entorno, irmáns maiores así como consultar enciclopedias e buscadores online.
Para esta área, propoñémosvos un experimento. Calquer procedemento (sexa un experimento, unha receita de cociña, un xogo de mesa...) para alcanzar o resultado final, debe seguir unhas instruccións ou normas. Neste caso, deixámosvos un vídeo e os pasos a seguir para conseguir facer unha choiva de cores! Agardamos que vos guste o reto de hoxe, como guinda ao proxecto sobre normas desta semana.
1. Vertemos nun vaso aceite vexetal.
2. Nese mesmo vaso, vertemos colorantes líquidos.
3. Mesturamos ambos ingredientes enerxicamente.
4. Noutro vaso cheo de auga, introducimos a mestura realizada nos pasos anteriores.
5. Agardamos a que as gotiñas de cores comecen a caer da nosa mestura sobre a auga. Velaquí a nosa choiva de cores!
EDUCACIÓN FÍSICA:
MÚSICA: aquí deixamos o enlace que accede á aula virtual cos contidos de música.
Que teñades moi bo día!
Comentarios
Publicar un comentario