Venres 8 de maio (fai clic aquí)

As tarefas que propoñemos para o venres 8 de maio son:

MATE:
Hoy como actividades de matemáticas os proponemos unas fichas/imágenes para repasar la orientación espacial. Os dejamos dos modelos diferentes. Podéis imprimirlos, probar a copiar en un folio o cuaderno o incluso, en el caso de la actividad de la foca, realizarlo sobre la pantalla del ordenador, tablet o móvil, siguiendo las indicaciones con el dedo índice.

LINGUA:
Como actividade de lingua, imos engadir hoxe un chisco de creatividade á escritura de frases. A partir do debuxo dun animal (neste caso proponse un ourizo pero pode ser outro como un león, un paxaro...) ou un personaxe ficticio, pegaranse no seu interior (a modo de púas, pelos, plumas...) papeis con palabras coas que podamos formar diferentes combinacións de frases en galego, que logo copiaremos nun caderno ou folio
Exemplo: se nos papeis temos escrito as palabras queixo, come, corta, o, a, nena, neno, pan, e, con, chocolate e chourizo poderíamos formar frases como: O neno come pan con queixo e chourizo, a nena come pan con chocolate, o neno corta chocolate e queixo...
Para axudarvos co debuxo, ademáis de deixarvos a imaxe de exemplo do ourizo, presentámosvos o enlace a un vídeo onde explican como crealo:

LENGUA:
Como actividad para lengua, os proponemos que continuéis la siguiente historia en un cuaderno o folio, siguiendo las siguientes instrucciones:
-  Introducir en la historia 3 palabras con B/V.
- Que tenga una extensión mínima de cinco frases/líneas.
Parecía un día cualquiera, hasta que María salió de su casa...

CIENCIAS:
En ciencias propoñemos un exercicio de repaso sobre os sentidos. Consistiría en rechear un cadro semellante ao que se propón máis abaixo con sensacións e obxectos do noso fogar que identificamos a través dos sentidos. Neste cadro podes incluír (ademáis das palabras escritas) debuxos, texturas, olores... Anímate, seguro que che queda unha actividade moi chula!
Outro maneira de facelo é, en vez de empregar un cadro como o do exemplo anterior, realizalo utilizando formas como a continuación:

PLÁSTICA:
Para rematar co proxecto que propoñíamos esta semana, suxerímosvos hoxe para a materia de plástica que fagades un cartel   para a festa de aniversario. Pode ser un cartel decorativo para o festexo que creastes a partir da vosa imaxinación, ou un cartel co que felicitedes a aqueles compañeir@s que estiveron ou van a estar nos vindeiros días de aniversario. Neste último caso, podedes compartilo con eles no “museo de 2º”, seguro que lles fai moita ilusión!
Se por outro lado vos apetece compartir (a través dun vídeo, imaxes das actividades que fixestes...) como elaborastes o conxunto do proxecto desta semana, ou algunha das actividades que propuxemos para el, igualmente animarvos a que podedes facelo a través deste mesmo recurso. 

MÚSICA: aquí deixamos o enlace que accede á aula virtual cos contidos de música.

Recordamos tamén que na páxina principal do blogue (marxe dereito) tedes acceso a webs onde poderedes atopar xogos das direfentes áreas. Así como aos blogs de inglés, PT e AL.

Que teñades moi bo día!

Comentarios