Xoves 7 de maio (fai clic aquí)

As tarefas que propoñemos para o xoves 7 de maio son:

MATE e PLÁSTICA:
Hoxe propoñémosvos crear unha diana de cálculo mental. O primeiro que tedes que facer é crear unha diana similar a desta imaxe, ou inventar vós unha.

Podedes facela con cartóns que teñades pola casa, con cartolinas... Debedes facer círculos de diferentes tamaños e asignarlle a cada un un número. Tamén tedes que elaborar un avión ou pelota para poder xogar. Formas de xogo: 
Xogo A. Tira o avión/pelota e intenta facer sumas que teñan ese resultado o máis rápido de que poidas. Exemplo: o avión cae no 10, sumas posibles: 5+5   6+4  3+7  10+0 .... 
Xogo B. Do mesmo xeito que o anterior pero intentando facer restas ou multiplicacións. 
Xogo C. Tira o avión/pelota dúas veces e suma os números que corresponda, continúa tirando o avión e sumando os número que vaian saíndo. 
Xogo D. Deixa voar tamén a túa imaxinación e inventa máis formas de practicar o cálculo mental con esta diana.

LENGUA: 
Hoy tenemos un gran problema con nuestro ordenador, nos escribe las frases totalmente desordenadas, a ver si podéis ayudarnos a ordenarlas. Aquí os dejamos 5 frases desordenadas, podéis copiarlas en la libreta y luego escribirlas en el orden correcto (como truco fijaos en la mayúscula y en el punto):
muñeca. La tiene niña una
come leche. Luis con cereales
la mochila caramelos. En llevo
Ángel comba. a salta la
chocolate. de helado es Mi
Os dejamos también esta ficha interactiva para seguir aprendiendo palabras sinónimas.
LINGUA: 
Moitos de vós xa coñecedes ao Grúfalo, hoxe ides escoitar o seu conto. Facédeo moi atentos e atentas porque logo haberá algunha pregunta:
Imos coas preguntas, podes copialas nunha libreta e respondelas ou facelo oralmente:
1. Que animais aparecen neste conto?
2. Como se describe no conto ao Grúfalo?
3. Que fai o rato para espantar aos animais que vai atopando?
4. Que lle dixo o rato ao Grúfalo para que marchase?

Se te animas podes inventar e escribir un final distinto para esta coñecida historia.

CIENCIAS: 
Como vai esa organización da festa de cumpleanos? Xa poidestes ver o esforzo que fan os vosos pais e nais cando organizan as vosas festas e tamén o esforzo económico que isto supón. Hoxe neste reto teredes que estar moi atentos para ser capaces de resolver todas as preguntas e que a festa saía segundo o previsto. Imos!
Aquí tedes un mapa con algunhas das calles e lugares de Carballo, e sobre el teredes que buscar, anotar, observar... para poder responder as preguntas:
1. A festa terá lugar no cole, si si, busca no mapa CEIP Bergantiños porque aí tera lugar a festa.
2. A unhas horas de comezar a festa percátaste de que esqueceches mercar as velas e tes pouco tempo para conseguir unhas. Ti estás na "Rúa Violetas", onde chegas antes ao Mercadona ou ao Supermercado Gadis?
3. Unha vez tes as velas volves á "Rúa Violetas". Quedaches con algún dos teus amig@s no "Mesón de carmiña", porque rúas tes que ir para chegar alí?
4. Dende o "Mesón de carmiña" chegarías antes ao Balneario de Carballo ou ao cole?
Se soubeches responder a todo creo que este reto está máis que superado. Noraboa!

EDUCACIÓN FÍSICA:

MÚSICA: aquí deixamos o enlace que accede á aula virtual cos contidos de música.

Recordamos tamén que na páxina principal do blogue (marxe dereito) tedes acceso a webs onde poderedes atopar xogos das direfentes áreas. Así como aos blogs de inglés, PT e AL.

Que teñades moi bo día!

Comentarios