Luns 8 de xuño (fai clic aquí)

Nova semana e a fin deste curso está cada vez máis preto... Este ano moi diferente ao que tod@s nos gustaría. 
Teríanos encantado vivir estes días que nos quedan en 2º doutra maneira: véndovos xogar no patio, sentindo as vosas risas, podendo darnos apertas e, en definitiva, celebrando o final dunha etapa (para nós moi especial e que non esqueceremos nunca).
Pero as circunstancias do momento non permiten que isto poida ser posible agora mesmo. Queremos que saibades que estades moi presentes en nós a pesar da distancia...
Hoxe deixámosvos actividades máis interactivas nas diferentes materias. Ese será o proxecto desta semana! O emprego das novas tecnoloxías no noso día a día.
As tarefas que propoñemos para o luns 8 de xuño son:

MATES:
Para mates os dejamos una ficha interactiva con la que repasar la resolución de problemas:

LENGUA: 
En el área de lengua castellana facilitamos la siguiente web con un juego del famoso Pasapalabra del que ya os hablamos en  una entrada anterior. Animaros a completar el famoso "rosco" de palabras:
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5986942-pasapalabra_1.html

De nuevo te invitamos a que te atrevas a crear tu propio "rosco" de Pasapalabra. Coge papel, lápiz y ¡a pensar en palabras y pistas para las diferentes letras del abecedario! Puedes retar a tu familia y amigos a que intenten completarlo.

LINGUA: 
Para a materia de lingua facilitamos outra web cun pequeno xogo de repaso con vocabulario de froitas en lingua galega: 
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5666571-cal_e_cal.html
De que outras froitas e alimentos lles coñeces o nome en galego? Anímate a facer un listado nun folio ou libreta cos seus nomes!

CIENCIAS: 
Hoxe en ciencias deixamos outro xogo de relacionar cun repasiño sobre algúns conceptos que estivemos a traballar nas últimas semanas:

PLÁSTICA:
Para a materia de plástica propoñemos a seguinte idea. Agora que o bo tempo se achega, é un bo momento para xogar con esta especie de papaventos que vós mesmos podedes crear!
https://youtu.be/rjRH6PQR03U


Outra idea parecida pero cunha finalidade máis decorativa é a seguinte:

EDUCACIÓN FÍSICA:



MÚSICA: aquí deixamos o enlace que accede á aula virtual cos contidos de música.

Recordamos tamén que na páxina principal do blogue (marxe dereito) tedes acceso a webs onde poderedes atopar xogos das direfentes áreas. Así como aos blogs de inglés, PT e AL.

Que teñades moi bo día!

Comentarios