Martes 2 de xuño (fai clic aquí)

As tarefas que propoñemos para o martes 2 de xuño son:

LENGUA: 
Empezamos nuevo mes y como ya hemos hecho anteriormente, queremos felicitar a aquell@s niñ@s que este mes de mayo estuvieron de cumple: ¡MUCHAS FELICIDADES! Esperamos que pasarais un maravilloso día.
Os dejamos una sopa de letras en la que tendréis que encontrar palabras relacionas con este evento.

LINGUA: 
Para a materia de lingua deixámosvos un crucigrama coa temática do proxecto desta semana, a reciclaxe. Tamén nos gustaría plantexarvos a seguinte pregunta:
Que dúas normas fariades vós como gobernadores dalgún lugar para mantelo máis limpo e sostible? Como conseguiriades que a xente as levase a cabo? Convidámosvos a que escribades nun papel ou caderno sobre isto.
   


CIENCIAS: 
Hoxe en ciencias imos seguir viaxando outro pouquiño pola xeografía do noso planeta. Hai un tempo, propuxemos unha actividade na que incluímos un mapa cos lugares do mundo que serviron de inspiración para moitas películas de Disney. Novamente detémonos neste tema para deixarvos un vídeo no que se fala dalgún destes lugares que se tomaron como referencia para algunhas destas pelis.  
Despois de ver o vídeo, suxerimos as seguintes cuestións que si queredes podedes intentar responder (todas elas ou algunhas)
1. Cantos lugares se mencionan? Enuméraos.
2. Seríades capaces de situar nun mapa os países dos que se fala nel?
3. Que outras cousas sabedes destes países que se mencionan no vídeo?
3. A que continentes pertencen?

PLÁSTICA e MATES:
Nestas áreas propoñemos traballar dun modo creativo coas figuras xeométricas. Para iso deixamos unha imaxe e un vídeo a modo de exemplo. Agardamos que vos guste! Seguro que vos saen unhas figuras super chulas!



(Pinterest)
Podedes empregar materiais como os que se amosan nas fotografías e vídeo pero tamén outros que se adapten igualmente ao obxectivo da actividade. 

Ademais de figuras en relevo, podedes probar a facer figuras planas coñecidas. 

MÚSICA: aquí deixamos o enlace que accede á aula virtual cos contidos de música.

Recordamos tamén que na páxina principal do blogue (marxe dereito) tedes acceso a webs onde poderedes atopar xogos das direfentes áreas. Así como aos blogs de inglés, PT e AL.

Que teñades moi bo día!

Comentarios