Mércores 3 de xuño (fai clic aquí)

As tarefas que propoñemos para o mércores 3 de xuño son:

MATES:
A tarefa que hoxe propoñemos para mates é a seguinte ficha interactiva cun repaso da resta levando:



LENGUA: 
En el área de lengua castellana os proponemos la siguiente ficha de repaso que también podéis copiar en vuestro cuaderno o folio:


LINGUA: 
Para a materia de lingua imos propoñer un vídeo cun conto no que o protagonista é un gato. Xa temos falado que nalgunhas historias e fábulas moitos dos personaxes adoitan ser animais con capacidades humanas. Unha vez visto o conto, propoñemos o seguinte: crear vós un animal con esas facultades. Acompañade o debuxo do voso personaxe cunha presentación da mesma, dándolle un nome e describindo como é e sinalando que lle gusta facer.   
https://youtu.be/-8iRAhOtWZs

CIENCIAS: 
Hoxe en ciencias imos facer un repaso aos transportes individuais e colectivos. A partir da seguinte imaxe, suxerimos que fagades unha clasificación daqueles transportes que se usen de maneira colectiva ou individual. Para isto podedes empregar un folio ou caderno. Unha vez rematada esta primeira parte, convidámosvos a pensar nalgún outro para engadir a ambas listas de palabras.

(Pinterest)
Dos anteriores transportes, cal é o voso favorito?
Cales pensades que son os máis e menos contaminantes?
Tendo en conta a resposta anterior, sobre cal ou cales debemos de facer máis fincapé no seu uso?  

PLÁSTICA:
A través deste área traballaremos hoxe o proxecto semanal sobre a reciclaxe. Deixamos varias alternativas que podedes levar a cabo en familia empregando materiais de refugallo que teñades polo fogar:


Se vos decidides por esta manualidade, sempre que fagades uso da mesma podedes contar o diñeiro que introducides e retirades dela. Así estaredes a practicar as mates! Podedes anotar nun papeliño esta información de modo que sempre saberedes dos aforros que dispoñedes.


Testos

Prismáticos

Lapiseiro
(Imaxes de Pinterest)

MÚSICA: aquí deixamos o enlace que accede á aula virtual cos contidos de música.

Recordamos tamén que na páxina principal do blogue (marxe dereito) tedes acceso a webs onde poderedes atopar xogos das direfentes áreas. Así como aos blogs de inglés, PT e AL.

Que teñades moi bo día!

Comentarios

Publicar un comentario